Aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal Infantil de Neda

O centro abre as súas portas de luns a venres de 8 a 16 horas
Escola Os Pelegríns
Escola Os Pelegríns

Desde este luns, 20 de marzo, abrése en Neda o prazo de matrícula para novos alumnos e alumnas na Escola Infantil Municipal Os Pelegríns. Un trámite que poderá formalizarse ata o 17 de abril ben no rexistro xeral da casa consistorial ben a través da sede electrónica.

Con este servizo, a Administración local busca favorecer a conciliación das obrigas laborais co coidado dos fillos e fillas por parte das familias con nenos e nenas de cero a tres anos. Así, situado no Empedrón, o centro abre as súas portas de luns a venres de 8 a 16 horas, con xornada completa e tamén opción de media xornada e horas adicionais a esta. As prazas son dende o presente curso gratuítas.

En caso que non se completen as prazas coas solicitudes tramitadas, unha vez se peche o prazo oficial, o Concello de Neda mantería aberta a recepción de solicitudes máis aló das datas sinaladas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.