As asociacións de Neda poderán investir as subvecións municipais na adquisición de equipamento

A meirande parte dos eventos para os que recibiron as axudas non se celebraron a causa do Covid, polo que o Concello decidiu reorientar estes investimentos

O goberno local levará ao próximo pleno unha modificación de crédito para habilitar dúas liñas de axuda dirixidas ao tecido asociativo: a primeira destinada ao financiamiento de actividades e, a segunda, a investimentos -adquisición de equipamento-. Así o acordaron nunha xuntanza celebrada onte entre o alcalde, Ángel Alvariño, e os representantes das asociacións veciñais, culturais, deportivas e educativas do municipio.

Na reunión, celebrada na Casa da Cultura, o executivo municipal planteou reorientar os fondos das subvencións que cada ano o Concello dirixe ás asociacións, xa que están planteadas para financiar actividades e eventos que impulsan as entidades pero que na maioría dos casos este ano non puideron levarse a cabo por mor da situación de alarma sanitaria derivada da COVID-19. Unha partida que ascende no seu conxunto a uns 23.000 euros e que se suma ás axudas económicas en materia de gastos eléctricos e de auga dos locais sociais que o Concello ten cedidos ás asociacións e que financia.

Así as cousas, e para facilitar o desenvolvemento da labor das entidades, o Concello planteou destinar esas subvencións -nominativas e de libre concorrencia- tanto a sufragar gastos de actividades como á adquisición de equipamento. Unha medida respaldada por parte da vintena de asociacións de Neda.

Salir de la versión móvil