Finalizadas as obras da rúa Valle Inclán de Neda con un investimento de 26.000 euros

A intervención levouse a cabo entre a Avenida de Alxeciras, nas inmediacións da consistorial, e o campo de fútbol municipal

O Concello de Neda vén de concluir as obras de pavimentación da rúa Valle Inclán. Unha intervención na que a Administración local investiu 26.431 euros procedentes do POS+2019. Trátase dunha vía moi transitada, xa que conecta a Avenida de Alxeciras -no lateral da Casa das Palmeiras- co campo de fútbol municipal. Así mesmo, é escenario no seu primeiro tramo do feirón de fin de mes e tamén estación base do servizo de taxis do municipio.

Precisamente o intenso tráfico que soporta motivou nos últimos tempos o seu deterioro, co que o Concello planificou a actuación recén concluída. Contemplou o rebacheo e pavimentación con rego asfáltico da capa de rodadura, e sinalización, mellorando así a mobilidade na zona.

Salir de la versión móvil