Investigado un home que sufriu un accidente estando bebido e fuxiu do Marcide cando o atendían das feridas

O conductor enfróntase a un delito e dúas sancións e enfróntase a penas de tres a seis meses de prisión

O destacamento da Garda Civil de Ferrol procedeu a investigar a un condutor que arroxou 1.19 e 1.16 mg por litro en aire expirado despois de sufrir unha saída de vía na estrada AC-115, ao seu paso polo termo municipal de Neda. O home, que presentaba signos evidentes de estar baixo os efectos do alcohol, foi trasladado ao hospital Arquitecto Marcide tras presentar algunhas feridas de consideración.

Segundo relatou a Garda Civil, unha vez no hospital o home fuxiu á carreira antes de que lle poidesen atender polas feridas que presentaba, polo que o personal sanitario deu aviso á Policía Nacional e á propia Garda Civil, que finalmente o localizou.

Ademais de ser investigado por conducir baixo a influencia de bebidas alcoholicas, o Destacamento de Tráfico abriulle outra acta por faltarlle ao respeto aos axentes e por non poder xustificar o desplazamento durante o Estado de Alarma. As penas ás que se pode enfrentar este conductor son de tres a seis meses de prisión, unha multa de seis a doce meses ou traballo en beneficio do comunidade trinta a noventa días e en calquera caso, privación do dereito de conducir vehículos a motor e ciclomotores de un a catro anos.

 

 

Salir de la versión móvil