Miúdo verán remata este xoves en Neda co espectáculo de circo ‘Ikigai’

O campo de Subarreiros acollerá esta proposta de clown ás 20:00 horas
“Ikigai”, o espectáculo de clown creado por Sue Moreno e María Move
“Ikigai”, o espectáculo de clown creado por Sue Moreno e María Move

Neda despide este xoves o programa de lecer en familia Miúdo verán. E faino cun espectáculo ao aire libre, que mestura danza e circo. Trátase de Ikigai, unha proposta que gañou o Premio do Público no Festiclown 2020. O campo de Subarreiros será o espazo no que a compañía SU.MA. porá en escena, a partir das 20:00 horas, este show de rúa, no que o xogo, a imaxinación, as acrobacias aéreas e o bel canto, sempre en clave de clown, son ingredientes fundamentais. En caso de chuvia, trasladarase á pista polideportiva do Roxal.

“Ikigai”, creada e protagonizada por Sue Moreno e María Move, parte dunha visita inesperada que acaba coa apracible vida dunha das protagonistas, mostrando que non todo acabe sendo como o planificamos. Trátase pois dun espectáculo sobre a superación persoal e o sentido da vida, que leva en xira dende a súa estrea, fai algo máis de dous anos. O programa municipal Miúdo verán conta co patrocinio de Cultura No Camiño, do proxecto Ler Conta Moito e da Rede Cultural da Deputación.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.