Neda acolle unha charla-taller sobre compras saudables

A psicóloga e dietista Mapy Pinilla será a encargada de dar as ferramentas para fomentar uns hábitos que melloren a calidade de vida
lista-de-la-compra-saludable-por-temporadas_4993c8db_1200x630

Baixo o lema “Compra saudable, vida saudable”, Mapy Pinilla, psicóloga, dietista, nutricionista e coach nutricional, impartirá unha charla-taller este venres ás 18.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Neda. Organizada polo Concello no marco das políticas para fomentar hábitos de vida saudables, a entrada é libre e está aberta a toda a veciñanza.

Segundo Mapy Pinilla, o seu obxectivo é lograr que as persoas asistentes aprendan na charla todo no que se deben fixar nunha etiqueta nutricional. Asegura que para levar a cabo unha alimentación saudable hai que comenzar realizando unha compra saudable, diferenciando o sa para a saúde e distinguindo como as emocións inflúen nos compradores. En definitiva, amosará na súa conferencia aqueles trucos para facer unha compra saudable.

A charla estrutúrase nunha primeira fase expositiva e unha segunda parte aberta á participación do público, de modo que a experta poida solventar as súas posibles dúbidas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.