Neda adxudica o contrato xestión das zonas verdes por máis 35.000 euros ao ano

Inclúense tarefas de plantación, sega, mantemento, limpeza e conservación tanto de xardíns como de árbores
04-imgp5935

O Concello de Neda vén de adxudicar o contrato de conservación, mantemento e mellora das zonas verdes e arborado da localidade á empresa Vázquez Garzón por un importe de 35.332 euros, concluíndo así o concurso aberto para a licitación do servizo. Un contrato por un ano prorrogable por 2 máis.

En materia de xardinería, o contrato contempla labores de conservación e mantemento, repoboación e podas. No de conservación e mantemento, a sega de céspedes, sementeira e resementeira de xardíns, recorte de bordes, de sebes e arbustos, abonados, entrecavado, rastrillados, limpeza, tratamentos fitosanitarios, mantemento e reposición de titores, protectores e suxeición de árboles, conservación de xardineiras, traballos de reposición ou podas, entre outras.

Así mesmo, e respecto á sega, de marzo a outubro, incluídos, establécese unha sega cada tres semanas e, o resto do ano, unha entre 30 e 45 días. Ademais, en determinadas zonas que presentan áreas naturais ou naturalizadas, e con vexetación espontánea, os traballos serán substituídos por labores de desbroce de dita vexetación, a realizar cada 2 meses.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.