Neda adxudica por 23.232 euros ao ano o mantemento do alumeado público

As tarefas inclúen a reparación e mantemento dos de 1.777 puntos de luz que hay repartidos polo termo municipal

Los trabajos cuentan con una subvención estatal.

O Concello de Neda vén de adxudicar á empresa Proymel Montajes SL o contrato do servizo de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico da localidade. Un contrato por un ano con posibilidade de dúas prórrogas coas que se completaría o trienio, e no que o Concello investirá nese periodo preto de 70.000 euros, a razón de 23.232 euros ao ano.

Este contrato, que se licitaba mediante concurso público, comprende a prestación dos servizos de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico -contabilízanse un total de 1.777 puntos de luz en todo o termo municipal-, e actuacións especiais en eventos de carácter festivo. Tamén se inclúe o mantemento do alumeado dos edificios de titularidade municipal -uns 30- e instalacións do campo de fútbol de San Isidro.

Así mesmo, nos últimos anos substituíronse unha importante parte das lámpadas de descarga do alumeado público por lámpadas LED, que comportan unha notable redución do consumo. Como consecuencia disto, prodúcese unha significativa redución do termo de potencia precisa para as devanditas instalacións, redución que haberá de ser tramitada co subministrador da enerxía eléctrica. Por iso, o Concello establece que, ao remate do contrato -un ano-, a totalidade dos subministros teña o seu termo de potencia contratado axustado ao requirimento efectivo de cada instalación.

Salir de la versión móvil