O Concello de Neda informou hoxe de que as persoas interesadas en optar á praza de xuíz de paz titular poden presentar a súa solicitude a partir de mañá sábado, 20 de xuño, e por espazo de 15 días hábiles.
Os requisitos a cumplir son: ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causa de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello achegando certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI, certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado, certificado médico de non padecer doenza que incapacite para o exercicio do cargo de xuíz de paz, declaración xurada de non estar incurso en causas de incapacidade para exercer o cargo, e xustificación dos méritos que se aleguen, no seu caso. O anuncio da convocatoria pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia.