Neda celebrará o Día Mundial do Teatro coa representación da obra “Crisálida” de Caramuxo

As entradas poden adquirirse, ao prezo de 2 euros para o público adulto e de 1 euro para o infantil, na Biblioteca Municipal
335143814_1419425185130276_7659040912391974072_n

O Concello de Neda conmemorará o Día Mundial do Teatro este sábado ás 18:30 horas coa representación da obra “Crisálida”, de Caramuxo Teatro. Unha compañía que neste 2023 celebra os 20 anos de traxectoria. Trátase dunha proposta dirixida a todos os públicos, de gran formato, sobre un dos comercios tradicionais máis queridos da Coruña -a Mercería Crisálida de San Andrés-, e con ela a compañía quere render unha pequena homenaxe a esas persoas que crean comunidade, que fan que as nosas vilas teñan vida e sexan ricas en historias.

As entradas poden adquirirse, ao prezo de 2 euros para o público adulto e de 1 euro para o infantil, na Biblioteca Municipal -ata o venres de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 h, ou o mesmo sábado dende unha hora antes do inicio da función-. Tamén poden reservarse chamando neses horarios ao teléfono 981 39 02 33. A obra chega a Neda da man do Programa Cultural da Deputación Provincial da Coruña. Un espectáculo de máscara con catro actores —Anahí Taraburelli, Juan Rodríguez, Laura Sarasola Pontón e Josito Porto— e máis de 12 personaxes, dirixidos pola prestixiosa directora Olga Margallo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.