Neda conta cun novo servizo para a entrega e reciclaxe de aparellos electrónicos

As persoas interesadas en desfacerse de vellos ordeadores, televisores, impresoras ou teléfonos móbiles poden entregalos na casa consistorial

O Concello de Neda conta cun novo servizo para o depósito e reciclaxe de aparellos electrónicos tal que ordeadores de sobremesa, ordeadores portátiles, impresoras ou teléfonos móbiles en desuso.

Dadas as súas dimensións e características, está situado na nave municipal do Puntal, pero para facilitar o seu uso por parte da veciñanza, o Concello informa de que os depósitos poderán facerse na propia casa consistorial e que operarios municipais trasladaranos á citada nave. Para iso, é preciso chamar ao 981 38 00 39 e informar previamente da entrega.

Este punto súmase ao habilitado hai unha semana no mesmo consistorio para o depósito e reciclaxe de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos -cepillos de dentes eléctricos, secadores de pelo, tablets ou planchas-; lámpadas, pilas e tóners.

Salir de la versión móvil