Neda é o concello de menos de 20.000 habitantes que máis horas dedica ao Servizo de Axuda no Fogar na provincia

Máis de 200 usuarios benefícianse deste programa, no que se invirten anualmente case un millón de euros
1584621633_397452_1584621935_miniatura_normal

Case 4.000 horas anuais vén de sumar o Concello de Neda esta semana ao Servizo de Axuda no Fogar, que beneficia a máis de 200 veciños e veciñas, grazas ao investimento realizado nos últimos anos polo Concello e ás novas horas concedidas pola Deputación. Deste xeito Neda sitúase como o primeiro municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña en horas de atención.

Neste servizo a Administración local inviste case que un de cada cinco euros do seu orzamento, chegando case que ao millón de euros (929.761 euros). Unha partida que permite alcanzar as 166.000 horas anuais de atención.

Unhas cifras que medrarán coa aportación aprobada esta semana pola Deputación provincial de A Coruña, e que permitirán rebasar ese número. Así, das 12.000 horas concedidas en 2019 pola institución provincial pásanse agora ás 16.716 horas anuais. O Concello sumará outras 3.057 horas mensuais a raíz da situación excepcional xerada polo COVID-19 e namentras se prolongue. Neste caso, financiadas pola Xunta, para atender ás necesidades  urxentes das persoas dependentes.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.