Neda inicia as obras de aglomerado de viais en Casadelos por un importe de 34.283 euros

A intervención, cun prazo de execución de 2 semanas, realízase no camiño Victorino Novo ata o cruce con A Bacela, e no vial anexo, e no Camiño Vello dende o cruce de A Bacela ata o cruce da Forxá

O Concello de Neda informou do inicio das obras de pavimentación de tres viais en Casadelos por importe de 34.283 euros a financiar con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

En concreto, os traballos de aglomerado estanse a realizar no camiño Victorino Novo ata o cruce con A Bacela e no Camiño Vello dende o cruce de A Bacela ata o cruce da Forxá. Tamén no vial anexo ao camiño Victorino Novo, co mesmo nome que este, onde se renovou recentemente a rede de saneamento.

Con esta intervención, que contempla un prazo de execución de 2 semanas, o Concello busca mellorar o estado do firme dos viais reducindo os elevados gastos de mantenemento e mellorando a mobilidade na zona. As obras contemplan a limpeza da vía, rebacheo das zonas máis deterioradas e aglomerado.

Salir de la versión móvil