Neda inspírase na creatividade dos máis novos para combater o desánimo do confinamento

O Concello impulsa unha iniciativa para que os pequenos da casa manden algún debuxo, vídeo, canción ou calquera obra que dea ánimos á veciñánza
89843305_190833485555806_1532449437928914944_n-k0sH-U100534953497AFE-624x385@Hoy

Combater a soídade e o desánimo que pode provocar o confinamento forzado polo coronavirus é o obxectivo principal do novo proxecto que impulsa o Concello de Neda e que terá, nos máis novos da casa, aos seus principais aliados. O showman, cantante, actor, DJ e artista local Dani Ríos apadriña esta iniciativa e convida a nenos e rapaces a convertila nun éxito coas súas ferramentas máis eficaces: o seu talento e creatividade.

As armas contra o coronavirus son múltiples e variadas: debuxos, mensaxes de ánimo grabados co móbil, coreografías, lecturas de contos, narracións, cancións. Todo é válido para tentar dar un pouco de alegría nestes momentos a toda a veciñanza.

O Concello pide aos máis pequenos e pequenas que lle fagan chegar as súas creacións contra o coronavirus a través do correo electrónico ([email protected]), do Whatsapp (619 736 620) ou que etiqueten ao Concello en Facebook (@nedaoficial). Deste xeito, o Concello compartirá todas as mensaxes recibidas nas súas redes sociais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.