Neda licita novamente as obras de pavimentación de vías de Anca e Viladonelle

O Concello tivo que resolver por incumprimento o contrato da anterior adxudicataria
Carretera en Vila de Anca
Carretera en Vila de Anca

O Concello de Neda volve licitar, tras a resolución do contrato – adxudicado inicialmente a finais do 2022- por causa imputable ao contratista, os traballos incluídos no proxecto de Pavimentación de camiños na zona de Anca- Viladonelle. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 14 de maio para presentar as súas ofertas. Tras notificar a Asfalgal Técnicas Viarias SL a decisión de resolver o contrato asinado en novembro, por mor do incumprimento dos prazos para pór en marcha os traballos, o Concello iniciaba de inmediato o proceso para volver sacar a contratación as obras.

As intervencións previstas no proxecto consisten na roza mecanizada, limpeza de cunetas, aglomerado en quente, e posterior pintado lateral dun total de tres pistas da rede viaria municipal. Son concretamente a pista Vilar- Sandes, camiño en Vila de Anca e o de Porta da Pena, en Viladonelle. As obras, que contan cun orzamento total de 67.857 euros, buscan mellorar a seguridade viaria nestas vías, cuxo firme se atopa nun estado de conservación deficiente, como consecuencia tanto do paso do tempo como do propio uso.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.