Neda licita o mantemento de alumeado público do municipio

O orzamento para os tres próximos anos está valorado en 108.000 euros e comprende o mantemendo de 1.700 puntos de luz
DSC_4229-1920x1000

O Concello de Neda vén de sacar a contratación o servizo de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico da localidade. Un contrato por un ano con posibilidade de dúas prórrogas coas que se completarían o trienio, e no que o Concello prevé investir nese periodo de tres anos 108.900 euros.

As empresas interesadas en presentar a súa oferta teñen de prazo ata o 5 de xullo e poden consultar a convocatoria no perfil do contratante na web municipal ou na plataforma de contratación do sector público.

Este contrato comprende a prestación dos servizos de reparación e mantemento das instalacións do alumeado público e semafórico -contabilízanse un total de 1.777 puntos de luz en todo o termo municipal-, e actuacións especiais en eventos de carácter festivo consistentes no arranque e apagamento de alumeados nos campos das festas. Tamén se inclúe o mantemento do alumeado dos edificios de titularidade municipal -uns 30- e instalacións do campo de fútbol de San Isidro.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.