Neda ofrecerá un servizo de orientación laboral os venres pola mañá no concello

Os interesados recibirán información e asesoramento sobre o mercado de traballo e as políticas activas de emprego

O Concello de Neda vén de poner en marcha un novo servizo de orientación laboral dirixido ás persoas demandantes de emprego. Así, as persoas interesadas no mesmo poden obter máis información ou concertar cita previa no teléfono 627 586 101. O servizo prestarase na propia casa consistorial os vernes pola mañá.

O servizo, en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia, orienta, informa e asesora ás persoas demandantes de emprego no seu proceso de búsqueda activa de emprego ou formación para a mellora da súa ocupabilidade tendo en conta as características do mercado de traballo e o perfil profesional das persoas demandantes.

Este servizo, en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia, orienta, informa e asesora ás persoas demandantes de emprego no seu proceso de búsqueda activa ou de formación. O obxectivo do servizo é a mellora da súa ocupabilidade tendo en conta as características do mercado de traballo e o perfil profesional das persoas demandantes.

A orientadora labora ofrecerá unha atención personalizada e axudará aos usuarios no proceso de motivación persoal e profesional, no deseño de itinerarios personalizados de inserción, dará asesoramento e axuda técnica para a elaboración do CV e ofrecerá recursos e ferramentas para a procura activa de emprego.

Ademáis, aqueles que se atopen buscando emprego recibirán información e asesoramento sobre o mercado de traballo e as políticas activas de emprego, a oferta formativa e programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas, e información e asesoramento sobre os recursos de apoio para a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.

Salir de la versión móvil