O Concello de Neda recuperará este ano a tradicional festa do Magosto para a Terceira Idade. Celebrarase o vindeiro 4 de novembro no centro cívico Ramón Millarengo, e nuns días, o 19 de outubro, abrirá as inscricións no departamento municipal de Servizos Sociais para tomar parte.
Para os veciños e veciñas da localidade, a celebración será gratuíta, namentras que para aqueles que acudan doutros municipios, terá un custe de 5 euros.
Na festa non faltarán as castañas, os boliños preñados, viño e refrescos e baile amenizado por un grupo con música en directo. Unha proposta que une lecer e tradición para os nosos maiores.