Neda repartirá 30 composteiros entre os veciños adheridos ao plan de reciclaxe

Recibirán ademáis asesoramento personalizado e lograrán crear abono natural para utilizar en xardíns e hortas
O reparto farase na pista polideportiva do Roxal
O reparto farase na pista polideportiva do Roxal

Trinta novos fogares sumaranse ao programa de compostaxe doméstica que impulsa o Concello de Neda, e este mércores ás 17:00 horas recibirán na pista polideportiva do Roxal os medios necesarios para levar a cabo o proceso. Será despois de recibir unha formación a cargo de persoal técnico que, nos vindeiros meses, supervisarán tamén porta a porta a correcta implantación do programa, ofrecendo ademais asesoramento personalizado.

Con estas novas adhesións, serán xa preto do centenar as vivendas incorporadas ao proxecto que o Concello leva a cabo co apoio da Consellería de Medio Ambiente a través dos fondos Next Generation.

O obxectivo do Concello de Neda co desenvolvemento desta iniciativa é o de lograr reducir os residuos orgánicos que van directamente ao colector verde (fracción resto), facilitando a súa transformación en abono natural para utilizar en xardíns e hortas, coa consecuente redución de toneladas anuais de CO2.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.