O Concello de Neda activa un sistema de solicitude de cita previa

Búscase facilitar e axilizar a atención na actual situación derivada da crise sanitaria

O Concello de Neda vén de poñer en marcha un sistema online de solicitude de cita previa. Para acceder ao mesmo, o usuario debe entrar na páxina web municipal ou na sede electrónica do concello e cubrir un formulario. Nel, debe especificar nome e apelidos, teléfono, email, preferencia horaria de atención, vía (presencial, telefónica ou virtual), departamento municipal e, tamén, motivo que orixina a cita.

A partir de aí, o Concello porase en contacto para concretar a atención. Este sistema súmase ao tradicional, a vía telefónica a través do 981 38 00 39, e con el búscase facilitar e axilizar a atención na actual situación derivada da crise sanitaria polo COVID-19.

Salir de la versión móvil