O Concello de Neda amplía a rede de puntos de recollida para a reciclaxe de aceite usado

Os novos depósitos situaranse en Anca, Casadelos, O Roxal, O Puntal e Xeneral Morgado
851_14022020-novos-colectores-aceite-usado-1

O Concello de Neda vén de concluir a instalación de novos puntos de recollida para a reciclaxe de aceite doméstico usado. En total, puxéronse cinco novos contenedores a disposición da veciñanza nas diferentes parroquias, ampliando así ata 9 o número de infraestruturas deste tipo. Un aumento significativo, xa que multiplica por máis de dous a capacidade de recollida, posible grazas á renovación do convenio de colaboración entre o Concello e a firma Procesadora Gallega.

Así, os novos puntos de recollida sitúanse en Anca, Casadelos, O Roxal, O Puntal e Xeneral Morgado -sumándose aos existentes nas inmediacións da casa consistorial, Santa María, Muchiqueira e curva do Regueiro-.

Neste sentido, a Administración local sinala que estes colectores están destinados á recollida de aceite vexetal sobrante de asados, fritos, alimentos enlatados ou graxas, entre outros. Uns residuos que, coa colaboración da veciñanza, poden obter unha segunda vida, xa que con el pódese facer biocombustibles para motores diésel, abonos, ceras, barnices, deterxentes, locións, xabróns ou pinturas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.