O Concello de Neda prepara unha lectura colectiva polo Día das Letras Galegas

Os veciños e veciñas que queran participar poderán enviar os seus vídeos lendo un fragmento en galego

Baixo o título “Le en Galego” e a través das redes sociais, o Concello de Neda convida a nenos e maiores a celebrar o Día das Letras Galegas 2020, adicado este ano ao filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Para iso, deberán seleccionar as súas lecturas favoritas en galego e gravar un pequeno vídeo da mesma. Un pasaxe ou poema dun minuto como máximo, enviala por whatsapp ao teléfono 650 484 521 sinalando obra, nome e apelidos e idade. O prazo de recepción establécese entre o xoves 14 e o domingo 17 de maio. A partir do mesmo xoves, o Concello de Neda irá compartindo esas lecturas nas redes sociais municipais.

O Concello quere premiar aos participantes cun sorteo de 3 ebooks Kindle con luz frontal. Para iso, a cada participante se lle asignará un número e o sorteo terá lugar o luns 18 de maio na casa consistorial en presencia do Secretario Municipal. Unha vez realizado o sorteo contactarase cos gañadores para facerlles entrega do premio na data acordada o día do sorteo e faranse públicos os seus nomes. As bases están a consulta na web municipal www.neda.es.

Salir de la versión móvil