O paseo marítimo de Neda acolle a partir deste venres a mostra “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

A mostra rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol do ano 1972
A exposición xa pasou por Fene, Cedeira e Valdoviño | XURXO LOBATO
A exposición xa pasou por Fene, Cedeira e Valdoviño | XURXO LOBATO

A exposición itinerante «Rostros da Memoria. Ferrol 1972», do artista e académico Xurxo Lobato, chega a Neda este venres. O paseo marítimo de Xubia, nas inmediacións do Albergue, acollerá a mostra, que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coas asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade. Así mesmo, a inauguración terá lugar o venres a partir das 18:00 horas, e a partir dese momento poderá visitarse ata o 27 de outubro.

A mostra rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol do ano 1972, que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público. Son 28 retratos realizados en blanco e negro, primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor lembrada pola represión.

Nun estilo sobrio, austero, minimalista, expresionista. A exposición consta de soportes autoportantes, acondicionados para poder exhibirse ó aire libre, resistentes ás inclemencias do tempo, de modo que a súa mensaxe se poida achegar á cidadanía a través da súa presenza en espazos públicos. Trátase dunha proposta que dá continuidade ó proxecto «Rostros da Memoria», realizado en 2007 e itinerante polos museos máis importantes de Galicia.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.