Baixo o título “Que libro te acompaña?”, o Concello de Neda convida á veciñanza, e especialmente aos máis pequenos da casa, a celebrar o Día do Libro compartindo as súas lecturas favoritas. É tan sinxelo como tomar unha fotografía da portada ou realizar un pequeno vídeo lendo a publicación ou algunha das súas páxinas e explicar porque é tan especial.
Fotografías e vídeos que se converterán en recomendacións literarias para estes días de confinamento. Pódense remitir ao correo [email protected] ou por whatsapp ao número 619 73 66 20. Unha vez recibidas, o Concello compartirá os libros a través das redes sociais municipais a partir do xoves, 23 de abril, Día do Libro.