Faladoiro de saúde sobre a endometriose en Neda
A asociación querENDO, de mulleres afectadas de endometriose, promove en colaboración co Concello de Neda un faladoiro sobre esta doenza, a epidemia oculta. Celebrarase o xoves 10 de novembro na Casa das Palmeiras, a partir das 19:00 horas, con entrada libre e de balde, e correrá por conta de Sara Iglesias, muller afectada e membro da directiva da entidade.
Iglesias abordará síntomas e tratamentos da endometriose, unha enfermidade que afecta ás mulleres durante a súa vida reproductiva e que é máis frecuente do que nos supoñemos. Así mesmo, falará tamén de querENDO, unha asociación de ámbito galego xurdida en 2015 que busca contribuír á axuda física, psicolóxica, e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e da súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza. Desenvolver todas as actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza,
contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da súa calidade de vida, son os seus fins principais.
III Concurso de Tapas de Outono en Cedeira
Nove establecementos hostaleiros de Cedeira participan no Certame de Tapas de Outono, no que se servirán petiscos elaborados sobre a base dalgún ingrediente de tempada, como por exemplo castañas, cabazas ou cogomelos. O Concello organiza esta terceira edición deste concurso, orientado un ano máis a exaltar a gastronomía local e a animar e dinamizar o sector hostaleiro da vila.
O prezo das tapas será de 2 euros e as persoas que degusten alomenos cinco delas poderán votar e participar no sorteo dunha cea. O concurso desenvolverase durante a vindeira fin de semana, desde as 20:30 horas do venres día 11 ata as 16:00 horas do domingo 13. Participan o restaurante Brisa, a taberna Praza do Peixe, a tenda-bar Garzález, a pizzería Sheriff, o gastrobar O Amanexo, a taberna A Xunqueira, a cervexaría La Central, O Mesón e o bar O Mástil. Nas bases establécese que todos os establecementos deberán participar cunha tapa feita expresamente para o concurso.
O público será o encargado de valorar as tapas. Nos establecementos repartiranse ás persoas que consuman estes petiscos as papeletas, nas que haberá cinco espazos para cubrir co selo de cada local. Para que a papeleta sexa válida terá que ter o cuño de cinco establecementos diferentes, e a persoa que emita o voto deberá votar cada unha das tapas cunha puntuación de entre 1 e 5. Desde o Concello anímase ao público a acudir e degustar todas as tapas, aínda que so poderán puntuar cinco delas. Quen vote optará ao sorteo dunha cea para dúas persoas no local gañador do concurso.
Concerto de Los Zentholos en homenaxe ao compañeiro falecido Marcial Aneiros
El grupo Los Zentholos dará un concerto este venres en homenaxe ao seu compañeiro falecido Marcial Aneiros, no que tamén contarán con artistas invitados. Será as 20:30 no Teatro Jofre eas invitacións repártense desde o dia 2 de novembro na taquilla do Teatro Jofre, podendo obter un máximo de dúas por persoa.
Festival ‘Traz outro amigo tambén’ en Cedeira
O Concello de Cedeira organiza o festival ‘Traz outro amigo também’, un certame creado para coidar e cultivar a arraigada afección pola música portuguesa que existe na vila. Nesta quinta edición, a viaxe ao son e os ritmos propios das melodías lusas virá da man de do Alberto Mvundi Grupo, unha formación angoleña, e de Nacho-Faia-Lar, tres líderes da vangarda musical galega que se unen para ofrecer unha mirada transgresora e contemporánea do repertorio de Zeca Afonso, unha de cuxas cancións da nome, precisamente, ao festival cedeirés.
O Auditorio Municipal acollerá este venres, ás 21:00 horas e con entrada libre, o primeiro concerto. O Alberto Mvundi Grupo, unha formación integrada por músicos angoleños afincados en Galicia, estará acompaña por Xico de Carinho -Quico Peña Vilar-, un harmonicista que leva 50 anos facendo música galego-portuguesa e que mesmo tivo ocasión de compartir escenario con Zeca Afonso. O seu espectáculo ‘Música desde Angola’ está composto de cancións con ritmos de raíz angoleña misturados con influencias portuguesas.
Ao día seguinte, o sábado, chegará ao Auditorio Municipal o trío Nacho-Faia-Lar. Ás oito da tarde, e neste caso cunha entrada ao prezo de 2,5euros, tres referentes da vangarda musical galega darán voz ao repertorio de Zeca Afonso. Nacho Muñoz, da agrupación de postpunk viguesa Igmir, ao teclado e electrónica; Faia Díaz, do proxecto de música tradicional De Vacas, á voz; e Lar Legido, do grupo Sumrrá, á batería, son os artífices desta orixinal revisión do artista portugués.
Obradoiro de fotografía o sábado en Neda
O Concello de Neda abre inscricións no obradoiro de fotografía ‘(Algúns) camiños creativos na fotografía’, que impartirá este sábado, de 10:30 a 13:30 horas, a artista Sabela Eiriz no marco da exposición ‘Arte Ambulante’ de A Colectiva. Celebrarase na Casa das Palmeiras, está dirixido a persoas maiores de 16 anos, e a participación é gratuíta. Con prazas limitadas, é preciso anotarse na casa da cultura, de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas -ata completar aforo-.
“(Algúns) camiños creativos na fotografía” será un obradoiro de inmersión no proceso creativo a través da fotografía, partindo da poética e da narrativa das imaxes, trenzándoas e combinándoas con outros formatos e linguaxes, como a literatura, a performance ou a música. Traballarase coa poética e a narrativa das imaxes fotográficas para indagar en camiños ou puntos de partida creativos. Para elo, teranse presentes outras formas de expresión artística, combinándoas ou entrecruzándose coas imaxes, así como os intereses e as experiencias persoais que atravesan as ideas. Trátase dun obradoiro destinado a personas con interese na fotografía e no proceso creativo, pero non é requisito ter experiencia previa en fotografía, pois tamén son benvidas persoas doutras ramas creadoras e artísticas.
Recoméndase levar o teléfono móbil con batería ou con cargador. Así mesmo, cada participante traerá tamén entre 1 e 5 fotografías -preferentemente impresas- que pertenzan a un mismo grupo, idea, serie, álbum ou proxecto. É indiferente a súa orixe ou estética, o interesante é que teñan algún vínculo ou interese persoal e
que funcionen como conxunto.
Exposición ‘Mi jardín de margaritas’ en Pontedeume
O Concello de Pontedeume inaugura o ‘Novembro Fotográfico 2022’ na Casa da Cultura coa exposición ‘Mi jardín de margaritas’ de JJG Meizoso. As obras poderanse ver dende este sábado día 12 ata o domingo 27 de novembro en horario de 18:00 a 20:30 horas de martes a domingo.
O ferrolano José Juan González Meizoso é maiormente un artista autodidacta, especializado na fotografía analóxica e moi interesado nos chamados procesos antigos ou nobres. JJG Meizoso xa conta con varias exposicións a título individual coma ‘Entre mans’ ou ‘Love, peace, ligth and life… eternal’ organizadas en lugares como Carral, Culleredo, Ferrol ou Arteixo, así como de xeito colectivo como ‘Falando en Prata’, ‘Ferrol cara B’, co gallo do ‘24×24 Foro Lumen’, ao tempo que é colaborador en diversos proxectos e conta con dúas pezas audiovisuais do festival ‘Visions’ creado por Zlick en A Coruña. Con esta nova edición de “Novembro Fotográfico”, o Concello de Pontedeume busca un ano máis fomentar a traxectoria artística dos fotógrafos e fotógrafas é achegar aos cidadáns unha nova opción cultural.
Obradoiro ‘Autorretrato e introspección’ este sábado en Neda
No marco da exposición Arte Ambulante de A Colectiva, o artista Iago Eireos ofrecerá este sábado un obradoiro baixo o título ‘Autorretrato e introspección’. Celebrarase na Casa das Palmeiras en horario de tarde -de 16:30 a 19:30 h-. A participación é gratuíta, con inscrición previa na Casa da Cultura ata o venres -ou completar plazas- de 9 a 13 e de 16 a 20 h.
Este obradoiro está dirixido a persoas maiores de 16 anos, en especial a quen queira reflexionar en conxunto sobre os conceptos de identidade, auto exploración e introspección. En base a isto, poderase desenvolver de maneira guiada un proxecto de creación artística sobre as formas de auto representación dende o retrato, que nace dende a mirada persoal e a memoria. O principal foco do taller será a imaxe bidimensional, por medio de propostas que inclúan debuxo, pintura, fotografía e colaxe. Cada participante, que deberá levar un retrato impreso, traballará o medio que mellor se adapte ás súas habilidades e ás súas necesidades e capacidades expresivas.
Concerto de Los Estanques+Anni B Sweet en Ferrol este sábado
A banda madrileña Los Estanques + Anni B Sweet en Ferrol chega este sábado ao Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas. As entradas costan 10 euros e xa están á venta online.
Sobre o escenario do Jofre sumarán talento a premiada banda madrileña de rock psicodélico Los Estanques -Íñigo Bregel (voz, teclado e guitarra), Germán Herrero (guitarra), Daniel Pozo (bajo) e Andrea Conti (batería)- xunto á cantautora malagueña Anni B Sweet, unha das voces máis destacadas da música independente española. Entradas desde 10 euros.
Discussion about this post