Teatro en familia este domingo en Neda con “UP2Down” a cargo de Traspediante Danza

Celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas e as entradas poden adquirirse a partir de mañá e ata o venres

O ciclo Teatro en Familia trae este domingo a Neda á compañía Traspediante Danza e a súa obra UP2Down. Trátase dun espectáculo de danza e circo, xesto e poesía visual. Unha historia á que dan forma dúas bailarinas e dous cables de funambulismo. A función celebrarase ás 18,30 h no salón de actos da Casa da Cultura, baixo un estricto protocolo de prevención fronte á covid-19, e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

As entradas poderán adquirirse a partir de mañá martes, 20 de outubro, e ata o venres 23 na Casa da Cultura e en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. O custo é dun euro para o público infantil e de dous euros para o público adulto.

Salir de la versión móvil