O Concello de Neda informou esta mañá da decisión de Viaqua, empresa concesionaria do servizo de agua, de ampliar o plazo do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días; non contabilizar no recibo o gasto do consumido dende o día 13 de marzo ás empresas que pechasen, e suspenderá todos os cortes de suministro sen excepción.
Ata o dagora, non se cortaba o suministro a persoas en situación de vulnerabilidade económica, medida que se fai extensiva a todo o mundo nesta situación de alerta, paralizando calquer acción de reclamación de débeda ou de cortes de suministro.
Así mesmo, Viaqua lembra a posta en marcha doutras iniciativas tendentes a facilitar o pago do recibo para particulares, autónomos, propietarios de pequenas ou medianas empresas ou comerciantes. Entre elas, financiar ou aplazar facturas, sen intereses, a todos os colectivos que, ante esta situación excepcional, presenten dificultades no pago das súas facturas.
Tamén poñen a disposición dos clientes un plan de cuota fixa (Plan 12 Gotas), que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final do ano a situación -no caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólveselle a cantidade ou finánciase a pagar nos seguintes meses, respectivamente-. E, ademáis, ofrécese a posibilidade de elixir a data do mes que prefira o cliente para a domiciliación bancaria.