Non vai ser o primer establecemento que abra as súas portas aos transeuntes da Praza de Armas tras a apertura da cafetería La Première, nen o último xa que a entidade bancaria CaixaBank anunciou o traslado das súas oficinas ao edificio que fai esquina entre a rúa Real e a da Terra.
Pero o que si é seguro é que este será unha das aperturas máis esperadas. Onde noutrora estaba situado o emblemático Zara de cinco pisos, o grupo salmantino Recio, instalarase en Ferrol axuntando tanto a marca Avenida, que é unha das maiores cadeas de Perfumerías de España, como a marca comercial Neobel, que xa ten dúas tendas na cidade, pero a ubicada no número 36 da rúa Real pechará para dar lugar á nova.
Neste novo local de cinco pisos propiedad do grupo Recio, que ten máis de 115 anos de historia e conta con máis de 200 tendas e máis de 950 empregados por todo o territorio nacional, traerá á cidade a maior tenda especializada en cosmética e beleza do centro de Ferrol, xa que albergará nas diferentes plantas varios departamentos como perfumería, cosmética, parafarmacia, hixiene, fogar e moito máis.