Néstor Rego garantiza melloras na conexión ferroviaria de Ferrol cando se aproben os Orzamentos Xerais

O deputado do BNG mantivo unha xuntanza de traballo na comarca para coñecer de primeira man o actual estado da liña
13725169563_5acb334807_b

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, visitou este vernes a comarca de Ferrol para coñecer de primeira mán a problemática da conexión ferroviaria de zona co resto da comunidade. Rego afirmou durante a xornada de traballo que a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado permitirán realizar importantes melloras na conexión ferroviaria con Ferrol, que cualificou como un servizo «non fiable» e unha situación «lamentable».

O parlamentario nacionalista recordou que hai «moitísimas décadas que non se fai ningunha actuación» neta liña ferroviaria e destacou como prioritario para o BNG «garantir a conexión de Ferrol coa rede de media e alta velocidade do Eixo Atlántico». Rego comprometeu a negociación co Goberno central para adecuar a liña de Feve no norte, encargada de unir Ferrol con Ribadeo (Lugo) e o Principado de Asturias.

Ao seu xuízo, é a que conta con «a peor situación do Estado, con continuas averias» que, según o deputado, está facendo que os usuarios a abandonen progresivamente. «Non podemos caer no círculo vicioso de que como hai poucos usuarios non se moderniza», remachou o deputado do BNG. Por iso, esixiu a súa adecuación e mostrouse «convencido de que cun servizo adecuado vai gañar usuarios; conecta todo o norte de Galicia, é fundamental para conexións interiores».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.