A Área Sanitaria de Ferrol confirmou xa un total de 326 casos positivos por coronavirus dende o inicio da crise sanitaria. Sen embargo o crecemento foi ralentizándose a medida que avanzaron as semanas e a curva de contaxios foi aplanando dende a última semana de marzo. Nas últimas 24 horas detectáronse cinco novos casos o que supón un incremento dun 1,5%, lonxe do 30% diario de media de hai tres semanas.
Ademáis, nos últimos catro días non aumentaron o número de doentes nas unidades de coidados intensivas, que se manteñen en 12 dende o mércores e o mesmo pasa co número de falecidos, xa que non se volveron rexistrar vítimas mortais dende ese día.
Actualmente, do total de casos detectados, 277 permanecen no seu domicilio con síntomas leves e 49 están ingresados nos hospitais. Xa se deron 46 altas hospitalarias dende o inicio da crise sanitaria e o Sergas tratará de contabilizar agora aos usuarios que xa superaron definitivamente o virus e son inmunes.