«Non xogues co sol», a nova iniciativa da AECC para previr dos riscos da exposición solar nos areais ferroláns

Trátanse de carteis e dípticos informativos que recollen unha serie de recomendacións para promover a concienciación entre os bañistas
2020_07_17CampAECC01

A administración local de Ferrol colaborará coa Asociación Española Contra o Cancro na difusión da campaña “Este verán non xogues co sol”, unha iniciativa que a AECC está a poñer en marcha para concienciar sobre os efectos da exposición á radiación solar sobre o organismo. Esta mañá a psicóloga da Xunta Local de Ferrol da entidade, fíxolle entrega ao concelleiro de Seguridade do material que se vai colocar e distribuír nos postos de salvamento das nove praias ferrolás que contan con este servizo.

Trátase de carteis e dípticos informativos que recollen unha serie de recomendacións, como a redución do tempo de exposición ao sol, a protección dos ollos, a hidratación adecuada coa a inxestión de líquidos e a protección mediante o uso de camisetas, gorras ou parasoles. Tamén detallan a forma de emprego das cremas solares e indica os niveis de protección que ofrecen.

Por outra banda comunicaron que a megafonía dos areais emitirá periodicamente mensaxes nos que se incluirán estas recomendacións. O edil mostrouse moi satisfeito desta colaboración coa AECC, á que lle agradeceu as facilidades que lle deu ao Concello para que poida contribuír a divulgar esta importante campaña.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.