Nove centros de saúde das comarcas mellorarán a súa eficiencia enerxética instalando caldeiras de biomasa

A Administración autonómica investirá máis de 465.000 euros en substituir as actuais de gasóleo ou propano
centro-de-saude-pontedeume_img179489t0m0w1600h800

A Xunta mellorará a eficiencia enerxética de nove centros de saúde repartidos polas tres comarcas, co fin de «reducir os custos enerxéticos e apostar pola mellora ambiental», repercutindo tamén na calidade de vida dos cidadáns. Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) asinarán un acordo que permitirá a instalación de caldeiras de biomasa nestes centros de saúde.

En concreto, levarase a cabo nos centros de saúde de Caranza, Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Pedroso, Pontedeume, Serantes e San Sadurniño. En total, calcúlase que supoñerá 218 toneladas menos ao ano de emisións de CO2.

A Administración autonómica investirá un total de 465.000 euros, a través de fondos Feder, neste proxecto. Para levar a cabo a instalación das caldeiras, priorizouse aqueles centros de saúde que contan na actualidade co uso de gasóleo, propano e acumuladores eléctricos para apostar por enerxías renovables e reducir os custos enerxéticos.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.