O 5 de outubro péchase o prazo para participar no Consello Sectorial de Benestar Social do Concello de Ferrol

O principal fin é promocionar as políticas e as entidades sociais municipais, potenciando a inclusión e a calidade de vida dos colectivos vulnerables
obras plaza armas ferrol final (20)

O prazo para presentar solicitudes para participar no Consello Sectorial de Benestar Social do Concello de Ferrol rematará o próximo 5 de outubro, tal e como lembrou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, co fin de que as entidades que quedaron fóra na primeira convocatoria poidan aínda inscribirse no novo organismo.

O principal fin que se persegue é a promoción das políticas sociais municipais e das asociacións vencelladas co benestar social, potenciando a maiores a inclusión social e a calidade de vida dos colectivos en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión ou exclusión social da cidade mediante a participación activa dos seus representantes e particulares.

Optimización de recursos

A edil explicou que o novo organismo tamén «promoverá o asociacionismo vencellado coa política social e a  coordinación entre entidades, elaborará propostas e potenciará a realización de estudos de investigación sobre a situación social de Ferrol, co fin de valorar e optimizar as actividades e recursos da concellería de Benestar Social e das entidades que integran o novo consello».

En definitiva, explicou a edil, o Concello busca coa creación do primeiro Consello Sectorial de Benestar Social de Ferrol «promover e aumentar a participación cidadá e escoitar ás entidades sociais da cidade e mellorar a xestión nesta materia».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.