O Abanca Pantín Classic Pro 2020, en loita contra a violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, e o presidente do Club Praia Pantín, Miguel Galeiras, asinaron un convenio para sensibilizar á xente en prol da igualdade
image_gallery-1

A Xunta e o Club Playa Pantín acaban de renovar a súa colaboración para a difusión no Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020 de campañas do Goberno galego contra a violencia de xénero. A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, e o presidente do Club Playa Pantín, Miguel Galeiras, asinaron este acordo no que a Xunta inviste 30.000 euros no marco do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Deporte máis sensibilización

Durante este campionato mundial de surf que se está disputando estes días, contarase cun espazo específico para difundir a campaña de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero «NON á violencia de xénero» e sobre as agresións sexuais «Agresión OFF: eu digo non á violencia sexual».

Apóstase así por unha actuación unitaria e a máxima coordinación das institucións e do conxunto da sociedade para conseguir a erradicación da violencia contra as mulleres. De feito, estas accións dan resposta a unha das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que recolle o fomento de actuacións dirixidas a sensibilizar á sociedade, en especial á mocidade, sobre as súas consecuencias e co obxectivo de que interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.

Nesta liña, a Xunta apóiase no deporte galego como aliado na loita contra a violencia de xénero mediante a difusión de campañas específicas en espazos deportivos como este e en colaboración cos clubs galegos. Posto que os deportistas son referentes para a mocidade, o Goberno galego considera clave a colaboración neste ámbito.

Así, no Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020, un dos eventos de surf máis sólidos e lonxevos do mundo no que gran parte do público é xente nova, informarase á sociedade sobre a importancia de educar en igualdade e previr condutas violentas contra as mulleres.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.