O home acusado de ameazar cun coitelo á súa ex parella e de agredila tras entrar pola forza na súa vivenda, aceptou hoxe unha condea de un ano e medio de prisión e pagar unha indemnización de 1.500 euros á vitima, tralo xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña.
A Fiscalía pedía para o acusado, D.R.R., sete anos de prisión por tres delitos de lesións agravadas, ameazas a violación de domicilio. Según o escrito da acusación pública, os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xuño de 2018 cando o acusado e a vítima tiveron unha discusión telefónica que rematou co home ás portas da casa da muller.
Como esta negouse a abrirlle a porta, D.R.R rompeu a pechadura a patadas e logrou entran pola forza na vivenda mentras a muller pedía auxilio. Unha vez dentro, o home colleu un coitelo e agarrándoa polo pescozo ameazouna de morte en reiteradas ocasións. Antes de marcharse e coa vítima aínda inmobilizada, golpeoulle o nariz contra a porta de entrada, facéndolle unha ferida que requeriu de puntos de sutura.
O acusado reconoceu os feitos e aceptou aboar tamén ao Sergas 400 euros polos servizos prestados á vítima. A xuiza impúxolle, ademáis, a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 300 metros durante catro anos e medio. A conformidade entre as partes supuxo a disolución do xulgado popular.