O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, calificou de «verdadeiro desastre» o funcionamento dos rastrexadores que a Xunta de Galicia está a poñer en funcionamento para previr a expansión do coronavirus pola contorna galega.
O propio edil asegurou en redes sociais como o pasado venres 28 de agosto fora notificado un novo caso positivo pola Covid-19 na localidade cedeirense, e tras coñecerse que o infectado participara nunha actividade deportiva promovida polo Concello activouse de inmediato o protocolo para previr máis contaxios.
«Persoalmente chamei ao 900400116, despois ao Centro de Saúde, despois á Xefatura Territorial de Sanidade de A Coruña e finalmente ao 061», explicaba Pablo Moreda, asegurando que ningún dos teléfonos puideron axudalo a buscar unha solución excepto o 061 que, despois de explicar que non era competencia deles, achegáronlle o número dunha epidemióloga.
«O caso é que quedaron en chamarnos o venres pola tarde para que lles dera o listado das peroas que participaban na actividade, e ata onte -luns 31 de agosto- ás 11.00 horas chamei eu mesmo ao Centro de Saúde de Cedeira para dar esos datos, é dicir, 60 horas sin saber nada de rastrexadores… un auténtico desastre», terminificaba calificando o alcalde, o cal lembraba que tan só a escasos días de comezar as actividades nos centros escolares hai 22 positivos no municipio, e cunha asistencia médica moi por debaixo do esperado.
«Debemos extremar as medidas de hixiene e seguridade que están a indicarnos as autoridades sanitarias, é dicir uso da máscara, hixiene de mans e distancia social. Eu protéxote, ti protéxesme» terminaba lembrando o rexedor tras recriminar o incompetente labor sanitario realizado.