O alcalde de Ferrol visita Santa Icía para escoitar as demandas veciñais

Acompañado por Julián Reina percorreron o barrio para comprobar o seu estado e tentar facer efectivas as reclamacións da veciñanza
Santa Icía4

O alcalde, Ángel Mato, reuniuse na tarde de onte cos veciños do barrio de Santa Icía no local social da asociación veciñal para escoitar as súas demandas e atender as súas necesidades. O rexedor, acompañado polo concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, e o presidente da entidade veciñal, José Ramón Mosquera, percorreu distintos puntos do barrio para comprobar o estado de distintos espazos.

O alcalde, tras conversar cos veciños e escoitar as súas inquietudes, anuncioulles que o Concello de Ferrol, a través das concellerías de Urbanismo e a de Obras e Servizos, está a traballar para mellorar o barrio e atender as reclamacións de hai tempo dos veciños.

Neste senso, Mato indicou que o Concello segue mantendo contacto cos veciños de Santa Icía, do mesmo xeito que co resto de entidades veciñais, co fin de avanzar na mellora da cidade e da zona rural.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.