O alumnado da Aula Cemit de Xuvia volta ás clases presenciais

Impartirase clase aos estudantes do Curso preparatorio do exame CODIX e aos do Curso de Interne e informática básica

A Aula Cemit de Xuvia retomará hoxe 13 de xullo as clases para o alumnado do Curso preparatorio do exame CODIX e do de Internet e informática básica, as cales tiveron que ser canceladas debido ao estado de alarma o pasado mes de marzo.

Así o anunciou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías que explicou que se reactivan hoxe seguindo todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19 e retomando paulatinamente a normalidade nestas aulas formativas.

No que respecta ao Curso preparatorio do exame CODIX as alumnas e alumnos rematarán nas vindeiras semanas, ata o 14 de agosto, as 125 horas formativas que quedaron pendientes de impartir. As clases serán de 9.00 a 14.00 horas. Así mesmo, no caso do alumnado do curso de Internet e informática básica, quedaron pendientes de realizar 48 horas, que se retomarán mañá na quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e que se completarán o 28 deste mes cando finalice este curso.

 

Salir de la versión móvil