O ámbito educativo e o sanitario de Ferrolterra comparten inquedanzas sobre a Covid-19

Varios membros do persoal sanitario brindaron información e resolveron dúbidas aos representantes dos equipos Covid-19 de cada centro escolar
Hospital_Arquitecto_Marcide_Ferrol_A_Coruña_Galiza (2)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Consellería de Sanidade convocou esta mañá ós representantes dos equipos Covid-19 de cada un dos colexios públicos e concertados da Área Sanitaria de Ferrol a unha xornada de información xeral sobre o protocolo e a pandemia.

A actividade desenvolveuse, por cuestión de aforo, en dobre modalidade, de xeito presencial no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e, tamén, en remoto online ós máis de 80 centros de ensino convocados por Educación.

Inquedanzas entre o ámbito sanitario e o educativo

O xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, introduciu ás relatoras e remarcou a oportunidade de poder intercambiar dúbidas entre ámbolos dous ámbitos. Tamén indicou que espera que este encontro «sirva de axuda nun momento de incerteza e con tantas complicacións para todos».

Interviron a especialista en Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Ferrol, Sabela Rodríguez, a directora de Atención Primaria da Área, Marina Pérez Tenreiro, e a técnica da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña, Begoña Alonso de la Iglesia.

Tranquilidade e recordatorio de medidas a seguir

Iniciou a intervención a especialista en Medicina Preventiva, Sabela Rodríguez, que explicou a información básica sobre o coronavirus, datos relevantes sobre esta nova infección entre os máis novos e as principais pautas a seguir para os contaxiados e os contactos directos destes.

Xunto con isto, a directora de Atención Primaria, Marina Pérez, incidiu no valor da boa relación entre os coordinadores covid-19. Os coordinadores de Educación soen ser dous que recaen na figura do responsable do centro, e que se ocupan da «interlocución cos centros de referencia, e a resolución de dúbidas clínicas exclusivamente en relación coa Covid». Pormenorizou nas modalidades de contacto cos centros, e brindouse a responder as dúbidas que se presenten a través do enderezo electrónico da propia dirección de Atención Primaria.

Pola súa banda, a técnica da Xefatura Territorial de Sanidade, Begoña Alonso, lembrou o cambio que se producía estes días de redución da corentena de 14 a 10 días nos contactos e incidiu na ventilación continua do cuarto: «fiestra aberta e porta pechada», para evitar que a corrente poida trasladar o virus a outras estancias, e no emprego de máscara en áreas comúns, se é necesario pasar por esas áreas, e mantendo distancia cos convivintes. No caso da persoa corentenada, manter as distancias e as precaucións e normas de hixiene.

Esta profesional destacou que, ata o momento, «non se teñen producido casos positivos dentro das aulas, xa que os casos positivos detectados tiñan o foco no ámbito familiar ou social», e recordou a vial importancia dos coordinadores dos centros educativos.

Finalmente contestaron a tódalas dúbidas da vintena de profesionais da educación presentes, en cuestións relativas, entre outras ó emprego da máscara, e recordaron que son moi poucas as exencións ó seu emprego.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.