O área sanitaria de Ferrol rexistra tres novos casos de coronavirus

Onte se produciron dúas altas hospitalarias de dous homes ingresados no CHUF

Os Sergas informou hoxe que o número total de pacientes con positivo en Coronavirus no área sanitaria de Ferrol ascendeu a 63. Do total de infectados polo Covid-19,  22 atópanse no seus domicilios e 41 ingresados nos hospitais comarcais. Destes, 10 están na unidade de coidados intensivos e 31 en planta.

Estes datos, segundo informou o Servizo de Saúde non inclúen as dúas altas hospitalarias que se produciron onte, xa que aínda non se fixeron oficiais por parte das autoridades competentes. En calquera caso, nas últimas 24 horas tan só se rexistraron tres novos casos positivos por coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

 

Salir de la versión móvil