O asesoramento para solicitar o Ingreso Mínimo Vital sigue vixente no Concello de Narón

Dende a concellería de Benestar Social lembran a dispoñibilidade deste servizo na Casa da Mocidade de Narón, o cal atendeu a máis de un centenar de veciños e veciñas
asf

A concelleira de Benestar Social do Concello de Narón, Catalina García, indicou que o servizo de asesoramento e información para solicitar a prestación do Ingreso Mínimo Vital -IMV- posto en marcha hai un mes atendeu a máis dun centenar de veciñas e veciños da cidade.

A edil lembrou que este servizo continuará funcionando ata o vindeiro 30 de setembro nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara. As persoas empadroadas en Narón interesadas en recibir orientación para a obtención do IMV deben desprazarse á citada ubicación de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e os martes de 16.00 a 21.00 horas, solicitando previamente unha cita no teléfono 622 155 806 ou a través do correo electrónico: [email protected].

En caso de non poder realizar os trámites con indicacións telemáticas, asignarase unha cita presencial a esa mesma persoa para que cando sexa citada se presente e presencialmente poder axudalana tramitación. «Dende o Concello queremos lembrar que este servizo continúa operativo, informando, asesorando e orientando ás veciñas e veciños que precisen axuda para solicitar estas prestacións, que se cumplimentan de xeito telemático», apuntou García.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.