O ‘Blue Star’ abandona definitivamente a ría de Ferrol rumbo a Turquía

O departamento de repacións de Navantia realizou algúns traballos de urxencia no casco, pero no vai asumir toda a obra de recuperación do buque

O buque quimiqueiro ‘Blue Star’ abandonou sobre as 11.00 horas deste martes 10 de marzo de maneira definitiva o interior da ría de Ferrol tras permanecer as últimas semanas atracado nun dos peiraos da empresa naval pública Navantia, onde foi sometido reparacións de emerxencia no seu casco.

O ‘Blue Star’ encallou a finais de novembro do pasado ano na costa de Ares durante un temporal. O buque quedou sen máquina a consecuencia dun incendio e acabou sobre unha zona rochosa na costa das Mirandas, onde permaneceu durante varias semanas. Tras varios días nos que se tentou retirar o barco quimiqueiro das rocas, o buque foi desencallado e levado ao interior da ría de Ferrol, en concreto ao porto de Curuxeiras, paso previo á súa entrada en dique.

Despois de varias semanas, o propietario do buque anunciou que a unidade non sería reparada polo seu elevado custo e que sería levado a Turquía para o seu despezamento.

Traslado

O traslado do buque ao país otomán realizarao o remolcador ‘VB Hispania’ do Grupo Boluda, que arribou o pasado sábado ao porto de Ferrol. O luns desprazouse á zona na que estaba atracado o ‘Blue Star’ e ao redor das 10,00 horas deste martes partiu xunto co barco sinistrado da ría de Ferrol.

O remolcador de altura contou coa colaboración doutras dúas unidades, o ‘Ramón Casas’ e o ‘Hocho’, que lograron finalizar con éxito o seu traballo e retiraron as súas estachas unha vez que ambos os barcos excederon o porto exterior de Caneliñas.

Salir de la versión móvil