O BNG de Ferrol aposta por modificar e bonificar as ordenanzas da auga, o lixo, o saneamento e terrazas

Os nacionalistas creen que as medidas propostas para paliar os efectos da Covid-19 nas pemes só benefician ás grandes empresas e aos propietarios dos locais
2020040615384418596 (1)
PUBLICIDAD

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, logo de participar esta mañá na xunta de voceiros para avaliar a proposta de modificación das ordenanzas fiscais presentadas polo goberno local, considera que a proposta do goberno se centra en «introducir rebaixas fiscais as grandes empresas e propietarios mentres os pequenos e autónomos agonizan».

Para o BNG as axudas aos sectores afectados polas restricións e peches derivados da crise provocada pola Covid-19 deben ser principalmente directas, non a través dos propietarios e con exencións fiscais aos titulares das actividades afectadas.

É por iso que o BNG considera imprescindible modificar as ordenanzas de lixo, auga e saneamento para que as bonificacións afecten aos que máis o precisan e «aplicar exencións fiscais nestas ordenanzas igual que acontece coa modificación da de terrazas e igual que aconteceu durante o primeiro estado de alarma na primavera», insistiron os nacionalistas.

O BNG considera que a exención pola ocupación de mesas e cadeiras «é obrigada desde o venres pasado, igual que deberia acontecer cos estabelecementos de hostalería, ximnasios e outros afectados». «Igual que non se lles podes cobrar por poñer terrazas cando non as poden poñer non se lles pode cobrar impoñer unha cuota polo subministro de auga ou recollida de lixo a un local sen actividade como se estivera plenamente funcionando», explicaron os de Iván Rivas.

O Bloque critica que «lonxe de conseguir estes obxectivos», as medidas propostas insisten en bonificar o IAE «que nesta cidade non paga ningún estabelecemento hostaleiro e en rebaixas fiscais no IBI aos propietarios quedando ao seu arbitrio tanto solicitar a bonificación como a súa repercusión no arrendado».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.