O BNG de Ferrol demanda unha maior responsabilidade por parte da Xunta respecto ao inicio do novo curso escolar

O partido local denunciou o actual protocolo empregado na volta ás aulas, esixindo unhas medidas estritas que afiancen a seguridade nos centros educativos da cidade
Escolares-750x536-1

O BNG de Ferrol propuxo onte luns 7 de setembro a elaboración dun censo municipal de espazos que permita o inicio do curso escolar garantindo as medidas de seguridade sanitaria, a maiores de esixirlle á Xunta o incremento do profesorado así como responsabilizarse das súas competencias relativas aos comedores escolares e limpeza dos diferentes centro educativos.

Un Consello Escolar Municipal cheo de reclamacións

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acudirá hoxe a reunión do Consello Escolar Municipal para abordar a situación dos centros de ensino tras o inicio do actual curso escolar, co obxectivo de que todo o colectivo escolar apoie as demandas e mobilizacións da comunidade educativa en contra do protocolo activado pola Xunta.

«A alternativa para asegurar a reincorporación ás aulas dos nenos e nenas é simple, e pasa por dotar de máis profesorado e máis espazos que permitan cumprir cos requisitos de seguridade sanitaria baixando as ratios por aula e gardando as distancias sociais», esixiron dende o partido político.

Demandas á Xunta polo protocolo escolar

Debido ás novas e polémicas medidas adoptadas pola administración autonómica, o bloque proporá que se lle esixa a Xunta a elaboración e financiamento do Plan extraordinario de limpeza e mantemento dos colexios de Ferrol, así como a responsabilidade respecto dos comedores escolares. «Unha competencia autonómica que leva anos sen asumir e que nun contexto como o actual faise máis urxente todavía unha dotación económica e un servizo acorde as necesidades do alumnado», finalizaban.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.