O BNG levará ao parlamento galego as demandas dos mariscadores da ría de Ferrol

Preto de 500 familias dependen desta actividade que está prácticamente paralizada pola falta de produción de ameixas, o seu principal produto
IMG-20201003-WA0011

O deputado comarcal, Mon Fernández, e a portavoz comarcal do BNG, Mercedes Tobío, mantiveron unha xuntanza cos patróns das confrarías de Mugardos e Barallobre e coa patrona maior da confraría de Ferrol. Jorge López Pena (patrón de Barallobre), Jesús Pérez Casal (patrón de Mugardos) e Isabel Maroño Vázquez (patrona de Ferrol), trasladáronlle ao BNG de Ferrolterra a preocupación perante a falla de solucións para o sector marisqueiro da ría de Ferrol.

Según explicaron desde o partido, «a preocupación é compartida ante o falla de interese da admininstración competente, neste caso a Xunta de Galicia, pola situación en que se atopa a ría de Ferrol e como consecuencia a situación de emerxencia de centos de familias dependentes do sector marisqueiro».

O deputado nacionalista trasladoulles aos tres máximos responsables dos pósitos, que desde o BNG farán un chamamento a facer da recuperación da ría e da súa rexeneración unha prioridade política neste lexislatura, «en canto que representa un potencial real de creación de emprego e riqueza en sintonía con o novo modelo económico que desde todos o ámbitos se está a promover»

O BNG da comarca de Ferrolterra, incide ademais que sendo unha das vías onde máis persoas hai traballando actualmente na comarca de Ferrolterra, «sería este un golpe máis para unha comarca que non resiste, e non pode permitirse a perda de un só posto de traballo máis». Actualmente as 3 confrarías contan con maís de 500 empregos directos -mariscadoras e mariscadores-.

“Non logramos entender, como sabendo da súa potencialidade, como é que a ría de Ferrol pode supoñer un problema para a Consellería de pesca, no lugar de ser unha oportunidade de creación de emprego directo para unha comarca, xa de por sí castigada, na perda de emprego”, afirmou o deputado do Bloque

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.