O Camiño Inglés vive o seu mellor momento e as cifras, que se superan ano a ano, o demostran. A ruta ven de vivir o seu mellor mes de enero dende que existen rexistros oficiais, con un total de 137 peregrinos que utilizaron a ruta que sae de Ferrol, un 66% máis co ano anterior.
Os números avalan a tendencia rexistrada o pasado ano 2019, cando no mes de setembro xa se superaran o número de camiñantes do 2018 (15.780).
Estas cifras sitúan á ruta como a terceira máis concorrida e a Ferrol como un carto punto de saída preferido polos peregrinos do camiño, por detrás de Sarria, Saint Jean Pied de Port e Oporto.
Esta tendencia positiva acarrea un importante impacto na economía das comarcas de Ferrol e do Eume, pola que discorre o Camiño Inglés –son dúas etapas por Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas e Pontedeume– e que se calcula en máis de 1.500.000 euros anualmente, coas cifras actuais.
O impacto económico da ruta xacobea na comarca calcúlas en máis de un millón e medio de euros anuais o pasado ano
Segundo o estudo realizado pola Xunta coa Universidade de Santiago, cada peregrino gasto uns 40 euros diarios o que supón que cada un dos camiñantes ten o mesmo impacto económico que 2,3 turistas habituais. Outra variable a ter en conta é que a ruta serve de escaparate turístico para moitos destes peregrinos. Calcúlase que o 80% volverán como turistas aos lugares polos que pasaron durante o Camiño.
Os albergues de Neda e Pontedeume son un bo termómetro do impacto económico que ten a ruta xacobea na comarca. Calcúlase que en torno a un 25% dos peregrinos pernoctan nas posadas locais o que supón case 4.000 aloxamentos ao ano en cada un destes dous municipios.
Este ano, a Oficina do Peregrino, dependente da Catedral, estimou que se van bater tódolos récords de visitantes por tratarse dun ano víspera do Ano Santo. De feito, na vila de Pontedeume vaise poñer en marcha a partir do próximo mes de abril un novo albergue privado de peregrinos, que levará por nome Albergue de San Cristóbal.
Preparados para o Xacobeo 2021
O Camiño Inglés pasa polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela.
Para potenciar as accións de promoción da ruta, con vistas ademais ao próximo Xacobeo, creouse a Asociación de Concellos do Camiño Inglés. A ruta conta co apoio da Deputación da Coruña e xa estivo presente en feiras como Fitur, FIT Ibérica de Garda en Portugal ou a World Travel Market de London.
Representantes da asociación e da Deputación da Coruña viaxarán este mes de marzo a Inglaterra, onde manterán diversas reunións con alcaldes e parlamentarios de Cornwall, Reading e Durham para implantar novas accións de promoción do Camiño en territorio británico.
Segundo os últimos datos da Oficina do Peregrino, o pasado ano máis de 15.000 camiñantes elixiron a ruta que sae de Ferrol para chegar a Compostela.
Tras a apertura o pasado ano do primeiro tramo do Camiño Inglés en chan británico, que conecta a abadía de Finchale con Durham, este mes se inaugurará un segundo tramo inglés do camiño, duns 25 quilómetros de lonxitude, que conectará Durham con Bishop Auckland.
Á marxe desta promoción no estranxeiro, todos os concellos polos que pasa a ruta son conscientes de que o próximo Xacobeo 2021 será un punto de inflexion importante. Milleiros de peregrinos optarán polo Camiño Inglés, menos masificado que por exemplo o Francés, polo que desexan dotar ao percorrido de novos servizos e infraestruturas.
Discussion about this post