O Castelo da Concepción convértese no novo reclamo turístico da comarca cedeirense

Dende que o pasado 22 de xullo abriu as súas portas unha media de 50 persoas visitan esta fortificación defensiva do século XVIII
tg_carrusel_cabecera_grande

Unha media diaria de 50 persoas visitan o castelo da Concepción desde que o pasado día 22 de xullo abrira as súas portas nunha campaña que se prolongará ata o próximo mes de outubro. Ata entón, esta fortificación defensiva do século XVIII permanecerá aberta ao público de martes a venres de 13.00 a 19.00 horas, os sábados de 11.00 a 19.00 horas e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. As visitas guiadas, que manteñen o seu carácter gratuíto, serán ás 13.00 e ás 18.00 horas.

Asi pois, os visitantes que se acehguen poderán gozar das caraterísticas dunha construción que garda certa similitude cos castelos de San Felipe -no Concello de Ferrol- e o da Palma -no de Mugardos-, xa que as tres fortalezas xurden da necesidade de defender os respectivos territorios ante a ofensiva dos navegantes británicos.

Nun itinerario duns 30 minutos de duración os turistas percorren as estancias do castelo da Concepción, nas que permanecen expostas maquetas da construción, copias de planos do século XVIII, informes militares, armas e municións e os canóns ameazadores que evitaron a presenza dos atacantes. Este ano a pandemia da Covid-19 acoutou a visita exclusivamente ao interior do recinto defensivo pola necesidade de garantir a aplicación das medidas de seguridade: utilización da máscara e a distancia de dous metros entre persoas.

A concelleira de Turismo, Carmela Prieto Cal, recordou que o castelo pasará a acoller, despois das obras de reforma que darán comezo en setembro, os obxectos e imaxes das seis campanas de escavacións arqueolóxicas levadas a cabo ata de agora no xacemento do Sarridal. O investimento da actuación prevista está próximo aos 40.000 euros.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.