O Centro Municipal de Emprego de Ferrol abre as súas portas o vindeiro luns

A partir do 10 de agosto retomarase a formación presencial no centro para a obtención de certificados de profesionalidade e de formación transversal
unnamed

O Centro Municipal de Emprego retomará o luns 10 de agosto a súa formación presencial, suspendida dende marzo debido á situación sanitaria. Así, os cen beneficiarios do Programa Integrado de Emprego 2019-2020 regresarán ás instalacións logo dun período de traballo a distancia.

Dende o inicio do estado de alarma, estas persoas estiveron recibindo formación non presencial sobre cuestións como mobilidade laboral e mercado de traballo, análise DAFO e CAME, fomento da capacidade emprendedora, igualdade e corresponsabilidade, videofórum, técnicas de coaching e intelixencia emocional, entrevista laboral e prospección laboral. Os cursos que comezarán o luns serán, por unha parte, para a obtención de certificados de profesionalidade, e por outra, de formación transversal.

No primeiro caso trátase do de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais -cun número total de 450 horas, das que 80 se cubren con prácticas en empresas-, e do de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais -430 horas, das cales 40 son de prácticas en empresas-.

No referido á formación transversal, haberá seis cursos de Informática para a busca de emprego -25 horas por curso, para un total de 150- e outros tantos de Habilidades sociolaborais -20 horas, con un total de 120-. Para setembro está previsto o inicio da formación nas áreas de Xestión de almacén-reposición, Manipulación de produtos alimentarios: preparación e elaboración de produtos cárnicos, Camareiro de pisos e limpeza de establecementos, Dependente de comercio, Inglés sectorial adaptado aos distintos profesionais.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.