O CHUF contará cunha ampliación do seu aparcadoiro municipal de ata 123 prazas máis

O goberno local aprobou hoxe as obras para reaxustar a capacidade de aparcamento da que goza o centro hospitalario, invertindo un total de 241.300 euros
chuf-complexo-hospitalario-universitario-de-ferrol-atencion-paciente_img179695t0

A Xunta de Goberno Local desta mañá 3 de agosto deulle a aprobación ao plan de seguridade e saúde da obra do aparcadoiro municipal do CHUF, o cal foi adxudicado por unha inversión total de 241.300 euros. A superficie sobre a que se actuará é de 4.220 metros cadrados, dentro dunha parcela municipal de moita máis extensión.

O acceso situarase na rúa Irmandade de Doadores de Sangue. O número de prazas que se contempla é de 123, catro das cales serán reservadas para persoas con mobilidade reducida, e xa a maiores contarase cunha zona de aparcamento para motocicletas nas inmediacións do acceso.

Dado que se prevé que as instalacións sexan empregadas habitualmente por persoas maiores ou con dificultades físicas, as prazas para estacionar serán amplas, de 2,80 x 4,90 metros, de xeito que se lles facilite aos usuarios a entrada e saída dos vehículos. Entre as filas de aparcamentos haberá un espazo seguro conectado cunha beirarrúa que percorrerá a zona norte da parcela ata a saída, e os carrís de circulación pavimentaranse con microaglomerado asfáltico aplicado en quente, sendo de cor terra para facilitar a integración no entorno.

As prazas de estacionamento executaranse con lousas tipo céspede prefabricadas de formigón, tamén de cor area ou similar, de xeito que permitan o nacemento da herba no seu interior, o cal axudará a integrar o aparcadoiro no resto da parcela e servirá de drenaxe das augas pluviais. Tamén se van plantar árbores que no futuro dean sombra aos vehículos. Serán das mesmas especies existentes no entorno: carballos e bidueiros.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.