O CHUF recibe os cinco respiradores doados por Amancio Ortega

Utilizaranse na zona UCI recentemente habilitada no hospital naval e na área de reanimación do Marcide

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol recibiu os cinco respiradores doados pola Fundación Amancio Ortega, e que eran unha demanda importante do área sanitaria para facer fronte a un posible pico asistencial nas UCI.  Catro deles destináronse á unidade de coidados intensivos do Hopistal Naval  e o quinto á área de reanimación do Hospital Arquitecto Marcide.

Estes equipos forman parte das diferentes partidas que o empresario galego vén proporcionando a diferentes centros, institucións e gobernos para loitar contra a pandemia e que podería aproximarse en contía a uns 100 millóns de euros.

Ademais do propio investimento material puxo ao dispor do Estado e as Comunidades Autónomas as súas canles loxísticas para a importación desde China de todo o material que no momento máis crítico da pandemia en España houbo de traer con extrema urxencia. Tamén varias das súas factorías están a confeccionar batas para a protección do persoal sanitario.

Salir de la versión móvil